Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Cruceiro da casa de Sesé

Imaxe
Localización Este cruceiro está situado dentro do patio da casa do falecido artista redondelán Sesé. Encóntrase rodeado doutras obras artísticas que decoran este patio.  A casa está en Vilavella, fronte á praza que hai na explanada do convento. Na súa contorna, ademais do propio convento coa súa igrexa, tamén podemos ver outro dos fermosos cruceiros con peto de ánimas que temos en Redondela, así como as denominadas "marcas do rei", uns pequenos monumentos conmemorativos na honra do rei Carlos IV que foron colocadas sobre a ponte que atravesa o río Maceiras. Neste lugar do río ten o seu punto de partida un sendeiro fluvial acondicionado polo concello, que percorre as súas marxes. Descrición Plataforma Ten forma cadrada e está formada por tres chanzos sobre os que se eleva directamente o fuste do cruceiro. Sobre o terceiro chanzo hai un recipiente en pedra con forma de copa, que podería ser destinado a recoller ofrendas. Fuste Ten forma cuadrangular, rebaixado nas arestas a par...

Concello vello da vila

Imaxe
Fachada principal Este edificio foi a primeira casa do concello que tivemos na vila. É un edificio que se pode situar a finais do século XVIII, en 1789, de acordo coa documentación conservada. Na parte de atrás da edificación hai un escudo coa data de 1700 que posiblemente foi reutilizado.  Para dirixirnos á parte posterior deste edificio temos que facelo pola calella que hai ao seu carón, a ruela máis estreita da vila. O escudo que atopamos na parte posterior do edificio presenta un R grande enchendo a súa parte central, rodeado de tres vieiras, símbolo peregrino. Lembremos que a rúa onde está este escudo forma parte do antigo Camiño Real que se dirixe a Santiago. Unha curiosidade do seu emprego como concello é que ten saída a dúas rúas arteriais da vila intramuros da antigüidade, ao carón de cadansúa porta da vella muralla: nesta fachada principal, a porta do Estaleiro, e pola parte posterior, na rúa Isidoro Queimaliños, a porta da Vila. Todo o barrio antigo da vila está atravesa...