Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

Pazo de Petán

Imaxe
A súa orixe remóntase ao século XVII, fundado pola coñecida liñaxe redondelán dos Prego de Montaos. Esta mesma familia foi a fundadora tamén do convento de Vilavella, que visitaremos posteriormente; por este motivo tamén rexían o dominio do convento desde este pazo. Na fachada principal do pazo podemos ver claramente o gran escudo que a preside cos elementos identificadores, xa comentados noutros lugares deste percorrido: o castelo de tres torres sobre unha ponte de tres arcos. O edificio conta con baixo e dúas plantas do edificio orixinal, e unha terceira planta engadida nunha reforma de mediados do século XX. Na zona leste do edificio érguese unha gran torre ameada, tamén de mediados do século XX, mais cun pretendido estilo rexionalista. Fachada da rúa do Padre Crespo Na planta baixa presenta tres portas: a principal cun grande arco de medio punto; e a ambos os lados dúas portas con arco rebaixado. Na primeira planta un balcón corrido con varanda realizada en forxa, sostido por nove ...

Casa da Torre

Imaxe
O edificio presenta baixo e planta superior, menos na fachada, na que se eleva unha torre (que lle dá o seu nome) con dúas plantas. Na fachada principal, onde se sitúa a torre, a porta de entrada ten un arco de medio punto; sobre el un balcón pequeno, e, no segundo andar, un balcón corrido por toda fachada con dúas portas. O beiril superior presenta unha decoración simple de bandas superpostas. No lateral desta fachada erixiuse un contraforte para soster o empuxe da altura do edificio. Na fachada dereita da torre, orientada cara ao río, a parede da planta baixa está construída con pedra irregular. O primeiro andar ten un balcón corrido sostido por sólidas ménsulas labradas.  Fachada cara ao río Alvedosa O resto desta fachada está composta por catro grandes xanelas no lateral do río, cunha porta de arco rebaixado. Ao carón desta fachada discorría a antiga muralla que arrodeaba a vila, dentro da cal quedaba este edificio. Fachada traseira da Casa da Torre Na parte traseir...

Casa dos Prego de Montaos ou da Alfóndega

Imaxe
É una casa con forma irregular, erixida no século XVI pola familia nobiliaria dos Prego de Montaos. O balcón ten unha fermosa feitura redondeada nos extremos, ocupando toda a fachada. A porta presenta un arco de medio punto rebaixado, con lumieira na parte superior.  Nesta planta baixa non hai ningún outro van nos muros laterais, o que fai pensar que o baixo non era empregado como vivenda, senón como almacén. O que máis chama a atención son os dous escudos que flanquean ambos os lados da porta principal. Os dous escudos presentan na parte superior unha cimeira con figura de helmo fidalgo con grandes penachos ao redor. Escudo da nosa esquerda: Cuartel esquerdo: casa dos Prego de Montaos, recoñecible polo característico castelo con tres torres entrelazadas por unha edra sobre unha ponte de tres arcos con auga por debaixo. O castelo simboliza a grandeza e poder da liñaxe, protección dos aliados e resistencia ante os inimigos. Cuartel dereito: casas dos Pereira e dos Castro. A casa dos...

Casa masónica

Imaxe
A porta que aparece no chafrán desta fermosa vivenda de balcóns corridos presenta  dúas follas.  Na folla da nosa dereita presenta as seguintes tallas: Unha figura de ave, posiblemente unha aguia, mirando cara á esquerda. Unha man que agarra un mazo, un cicel e un pico. Na folla da nosa esquerda presenta as seguintes tallas: Unha figura de ave, prosiblemente unha aguia, mirando cara á dereita. Unha man que agarra un metro de tres pregamentos e un posible lapis ou panca. Un compás sobre un escuadro. A simple vista, configuran as ferramentas dun traballador da pedra; mais nunha lectura que relacione todos estes elementos, quizais poidamos acharnos ante os símbolos identificadores dunha loxa masónica que tivese relación con esta vivenda. Pensemos que os "traballadores da pedra", os masóns, son os herdeiros das antigas tradicións dos construtores dos templos sagrados a través do traballo de labrado e puído da pedra bruta transformándoa en pedra perfecta. Ese é o mesmo símbolo do ...

Igrexa de Santiago de Redondela

Imaxe
Redondela forma parte do Camiño portugués de Santiago, de aí a advocación ao nome da parroquia da vila: Santiago de Redondela. Durante a Idade Media, Redondela foi un burgo amurallado que tivo relevancia no contexto histórico daquela época e hai evidencias de que contou neste lugar cunha igrexa románica. O incremento da poboación dentro da vila fixo necesaria a ampliación do templo coa edificación do actual templo gótico, de finais do século XV. Ao longo dos século foron incorporándose modificacións e novos engadidos, como a monumental torre barroca do campanario. Comezaremos o noso percorrido por esta igrexa, situándonos na súa cabeceira, par acontinuar todo ao arredor e, posteriormente, pasar a ver en detalle todo o interior do templo. Ábsida A ábsida é pentagonal, con catro contrafortes que sosteñen a altura dos muros.  Só ten unha xanela no lado sureste, con arco románico de medio punto. O resto das paredes da ábsida son cegas. Aínda así destaca a altura dos muros e dos contraf...