Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Cruceiro do Carballo

Imaxe
Hai varios elementos que chaman a nosa atención ante a contemplación deste cruceiro, desde a base ata a perfección das figuras da cruz. A base está conformada por tres chanzos cuadrangulares superpostos.  Sobre eles eríxese un cubo pétreo que ten na fronte un rebaixe circular no que figura a inscrición e data seguintes : “A DEVOCIÓN / DE LOS SEÑO / RES DON MANUE / L DE OCHOA I SU ESP / OSA SE HIZO ESTE / SANTO CRUZERO / EN EL PRESENTE / AÑO DE / 1790” Esta inscrición pode relacionar o cruceiro coa Casa Grande do Carballo que acabamos de ver, xa que Manuel Ochoa podería ser Manuel Ochoa Varela, fillo de Pedro OChoa Orcasitas, que chegou a ser capitán do Rexemento de Milicias provinciais, posteriormente incorporado ao exército de América. Nas outras dúas caras contrapostas presenta cadanseu nicho con arco de medio punto. Aínda conserva trazos do portelo que os fechaba. Seguramente fosen empregados como esmoleiros no seu momento. Sobre este monólito cuadrangular levántase o varal do c...

Casa Grande do Carballo

Imaxe
 A denominación de lugar do Carballo fai referencia á existencia noutro tempo neste lugar dalgún carballo que, ademais, tivo que ser significativo, porque existen referencias a que debaixo del se celebraban os concellos da vila na antigüidade. Este costume era habitual por moitos lugares de Galicia. Casto Sampedro, por exemplo, deixou constancia dos concellos que se celebraban baixo os carballos do adro da igrexa de Reboreda. Na subida por esta rúa chamará a nosa atención un caserón de fermosa feitura e proporcións, con sólida  pedra en diferentes combinacións.  Pertenceu a dúas nobres casas familiares históricas: aos Táboas, ata o século XVII, e aos Ochoa a partir desa centuria. Chegou a ter unha torre, que foi derrubada cara a 1870. Na planta baixa presenta varias entradas con portas de feituras diferentes. A porta principal é de arco de medio punto; a continuación unha porta de arco rebaixado; e finalmente unha terceira porta de lintel liso. Na planta superior presenta...

Cemiterio dos Eidos

Imaxe
Ata o s. XIX as persoas mortas na vila eran enterradas no adro da igrexa de Redondela. A partir de 1855 construíuse este cemiterio no lugar que antes ocupaba parte dun antigo hospital de peregrinos, hoxe desaparecido. O camposanto está rodeado por un gran muro perimetral feito de perpiaños irregulares montados coa técnica denominada muro de pedra seca, sen material de fixación e rematado cunha fileira de pedra de forma triangular.  Presenta unha elevada porta monumental de acceso, realizada con perpiaños regulares, na que destaca unha  cornixa coroada por dous pináculos, cos restos da base dunha cruz que existiu entrambos.  No seu interior presenta dúas vías principais perpendiculares entre si, dividindo o cemiterio en catro zonas ou cuadrantes, cun vieiro perimetral que bordea todo o recinto. Os cuadrantes enumerarémolos comezando pola esquerda da entrada principal e seguindo o percorrido perimetral. O estilo é o característico neoclásico da época: p lanta rectangular ou...

Peto de ánimas do cemiterio dos Eidos

Imaxe
Non se pode saber con certeza a data de realización do peto de ánimas orixinal,  xa que este, de madeira, foi roubado a principios dos anos 90 do século pasado. Posiblemente poida ser da década de 1860, de acordo coa documentación conservada. En 1995, o canteiro José Antonio Sueiro Portela tallou en pedra un novo exemplar, seguindo a iconografía do anterior. Este canteiro formado en Poio especializouse na elaboración de cruceiros e traballou na restauración da varanda de pedra   da catedral de Santiago, n a praza das Praterías, ou na reposición do monumento aos mártires de Sobredo en Guillarei, así como tamén participou no taller onde se insculpía o conxunto monumental da praza das Travesas de Vigo, de Silverio Rivas. Este peto de ánimas está situado no muro da parte posterior da capela  do cemiterio dos Eidos .  O nicho do peto de ánimas é aberto e está entre dúas columnas redondas embebidas nas paredes laterais do retablo, que sosteñen unha arquitrabe sobre a que v...

Muralla da vila

Imaxe
Primeiro tramo da muralla Consérvanse, nun primeiro tramo, estes cincuenta metros de parapeto que nos dan unha idea de como puido ser a antiga muralla. Non está claro que todo este lenzo sexa muralla orixinal, xa que se supón que puido haber posteriores derrubamentos e reconstrucións. Podemos apreciar dúas diferentes alturas superpostas no muro, seguramente para darlle máis consistencia ante posibles derrubas. No extremo inferior da muralla podemos decatarnos da superposición dos edificios sobre a muralla; como, a medida que esta se ía derrubando, foi ocupada por novas edificacións. Segundo tramo da muralla Se lle damos a volta ao muro da igrexa pola súa parte superior veremos a continuación do que foi a muralla da vila. Conserva pedras de todo tipo, desde perpiaños regulares ata pedras moi irregulares, mesmo cun anaco de gran rocha sobre a que se asentaba a muralla. Que non se conservase a muralla completa de Redondela foi debido, principalmente, á presión urbana, por verse limitada e...

Tenda da Loura

Imaxe
  Esta tenda tradicional está situada na rúa do Padre Crespo, antigamente chamada o "Funil" de Redondela porque era unha rúa tan estreita que apenas podían cruzarse dous vehículos ao mesmo tempo. É unha das dúas tendas tradicionais que existen na vila, xunto coa tenda da Regueira , na rúa de Telmo Bernárdez. Ambos os propietarios manteñen un parentesco entre si na actualidade. Hai que constatar que na antigüidade existiron moitas tendas tradicionais na vila, e moitas delas eran parentes entre si, por continuidade de liñas familiares dedicadas a esta actividade.  A tenda da Loura mantén a liña familiar en activo desde o ano 1928, cando Carmen a Loura colleu o traspaso do negocio. Esta liña familiar mantívose ata a actualidade en que o seu neto Agustín "Loura" Lobera leva o negocio familiar. O alcume Loura provén da bisavoa do actual propietario, que era unha muller moi loura. De feito, o símbolo que se expón pola tenda é o pano da cabeza que se garda como imaxe da bi...

Aparcadoiro e inicio

Imaxe
APARCADOIRO: Este aparcadoiro libre discorre ao longo da beira do río Alvedosa e remata ao carón da depuradora de augas. (imaxe interactiva) FEIRA: Esta explanada é un dos lugares habilitados para a feira que se celebra os días 6 e 21 de cada mes. A feira é diversa, con postos de roupa e complementos, flores, alimentos, plantas e ferramentas agrícolas. As feiras de Redondela constan en diferentes documentacións dende o século XVII en diante. A periodicidade de celebrala o 21 de cada mes data xa do ano 1838. O día 6 foi incorporado a partir de 1923. Ata que a lexislación prohibiu a venda de animais nas feiras, Redondela contaba tamén coa feira de gando máis importante da bisbarra. MARISMA E RECHEO: Ata mediados do século XX todo o que se ve ao noso arredor era unha marisma formada na confluencia da desembocadura dos ríos Alvedosa (que atravesa o centro da vila) e o río Pexegueiro (que provén da zona alta da parroquia do Viso e desemboca pola beira norte da depuradora. Quedan restos do q...