Casa Grande do Carballo
A denominación de lugar do Carballo fai referencia á existencia noutro tempo neste lugar dalgún carballo que, ademais, tivo que ser significativo, porque existen referencias a que debaixo del se celebraban os concellos da vila na antigüidade. Este costume era habitual por moitos lugares de Galicia. Casto Sampedro, por exemplo, deixou constancia dos concellos que se celebraban baixo os carballos do adro da igrexa de Reboreda.
Na subida por esta rúa chamará a nosa atención un caserón de fermosa feitura e proporcións, con sólida
Pertenceu a dúas nobres casas familiares históricas: aos Táboas, ata o século XVII, e aos Ochoa a partir desa centuria.
Chegou a ter unha torre, que foi derrubada cara a 1870.
Na planta baixa presenta varias entradas con portas de feituras diferentes. A porta principal é de arco de medio punto; a continuación unha porta de arco rebaixado; e finalmente unha terceira porta de lintel liso.
Na planta superior presenta tres balcóns: dous á fachada principal e o terceiro á fachada lateral. Os balcóns da fachada principal teñen senllas portas con cadansúas xanelas a cada lado. O forxado dos balcóns é de fermosa fasquía con soportes verticais ata o teito.
As ménsulas dos tres balcóns están traballadas con idéntica forma, e soportan cada unha delas a pedra base do balcón que teñen encima.
(imaxe interactiva)
Fonte de información: