Casas vilegas da rúa do Cruceiro
A maioría das vivendas están adaptadas aos tempos actuais convivindo con fasquías tradicionais características da vila, con baixo e primeiro andar con balcón corrido ao longo da fachada.
A pedra, como pode observarse en todo o percorrido, é o material predominante.
Os balcóns corridos alternan con galerías acristaladas. Unha das galerías está realizada en pedra sobre ménsula e columnas traballadas, cun marcado acento rexionalista nas formas e na decoración.