Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Edificio do concello

Imaxe
O edificio do concello foi construído entre os anos 1952-1955. Presenta un estilo rexionalista herdado da liña estilística desenvolvida polo arquitecto Gómez Román nos anos vinte do pasado século. O rexionalismo naceu como unha corrente arquitectónica que se desenvolveu a comezos do século XX, que contestaba, desde unha óptica galega, as expresións que dominaban as construcións daquela época, como o eclecticismo ou o modernismo. O rexionalismo arquitectónico galego tomou a súa inspiración nos pazos barrocos galegos. Neste edificio do concello podemos observar os seguintes elementos caracterizadores: No xogo de volumes presente no edificio destaca a torre, como principal expresión ornamental, colocada nunha das esquinas, como elemento de unión entre as dúas fachadas máis relevantes e que ofrece a perspectiva máis atractiva da edificación. Esta torre é recorrente entre as construcións rexionalistas. Aquí en Redondela temos dous exemplos máis pertencentes a este estilo: a torre do pazo de...

Muro de Berlín

Imaxe
A principios da década dos anos 90  do século pasado, Manuel A. Figueroa Suárez cedeulle ao Concello de Redondela dúas pezas do muro Berlín que se acaba de derrubar o ano anterior. Un acontecemento que cambiou a historia de Europa e a configurou tal e como a coñecemos na actualidade.  Que Redondela conte cun testemuño daquel momento da nosa historia europea é un privilexio e un atractivo pra manter viva a memoria daquela gran transformación. Pero daquela non se tivo a sensibilidade necesaria para poñelas en valor e optouse por colgalas literalmente dun piar do viaduto de Ourense. Alí permaneceron abandonadas ata que se decidiu recuperalas. Despois dos traballos de restauración realizados pos Xesús Cameselle Ben, colocáronse nunha vitrina nos xardíns da Xunqueira, diante do Multiúsos. Fontes de información: Anecdotario Redondelán Galipedia

Centro social

Imaxe
En 1918 a escola masculina que existía no  edificio do concello, que naquel momento se atopaba na actual Casa da Torre, trasladouse a este paseo da Xunqueira, e pasou a chamarse Grupo Escolar José Figueroa. O edificio de nova construcción fora cedido pola Asociación de Hijos de Redondela da que fora presidente o emigrante redondelán que lle deu nome.  En 1920 o grupo divídese en dúas escolas graduadas (nenos e nenas) con tres seccións cada unha. Hoxe é empregado como centro da terceira idade.  Club de xubilados A principios do anos noventa do século pasado trasladouse a este local o club de xubilados que se atopaba na rúa da Ribeira. José Figueroa O filántropo José Figueroa, nado en Redondela, emigrou á Arxentina a mediados do s. XIX. Fixo fortuna e mandou construír un edificio para escolas de nenos e nenas que se inaugurou en 1918. Lamentablemente, el morreu en 1912 no Brasil, sen ver realizada a obra que promovera. Fontes de información: Anecdotario Redondelán Enciclope...

A Xunqueira

Imaxe
Nesta imaxe pódese apreciar como era na antigüidade todos este espazo que temos ante nós. As lavandeiras acudían a este lugar para lavaren directamente no río Alvedosa. Na actualidade o río vai canalizado e transformado nun paseo con balaústre de pedra ao longo do seu percorrido. No espazo que ocupaba a antiga xunqueira, hoxe en día podemos ver o edificio dos xulgados na zona esquerda, ao seu carón unha pista deportiva e un parque infantil cunha cafataría ao seu carón. Tamén temos o gran edificio multiúsos, un centro social e un gran paseo cuberto por unha pérgola con flores recendentes e zonas axardinadas.  O edificio multiúsos fora desde a súa construción en 1970 o instituto de bacharelato de Redondela. En 1988 este instituto pasou para o novo edificio construído na marisma, o actual IES Mendiño. Mais este vello instituto da Xunqueira foi reconvertido nun centro multiúsos. No seu interior habilitouse un auditorio, a biblioteca municipal, unha sala de exposicións temporais e unha ...

Edificio Royalti

Imaxe
O baixo deste edificio foi concibido desde a súa orixe como café. O nome actual provén do ano 1925. A partir de 1928 era coñecido popularmente como o café de Triscallo,  alcume do seu dono naquel momento. A partir dos anos 90 do século pasado foi recuperado de novo co seu nome actual e sóubose manter ese aire antigo, incluso coa conservación do vello chan de baldosas. O edificio ten dúas fachadas unidas con chafrán curvo. Vese que é unha fachada que expresa unha modernidade que rompe con estéticas habituais nos edificios da época, tanto nos tipos de arcos, coma nos elementos decorativos ou algúns xogos de volumes. Vese con claridade unha vontade de modernidade no edificio para a época en que foi construído, de innovación, de refinamento estético que xa avanzaba naquel momento as pretensións de futuridade da arquitectura. Na planta baixa está a cafetería, que presenta unha porta de entrada con arco aplanado, que inclúe as dúas xanelas a ambos os lados da porta. No chafrán ...

Rúa Afonso XII

Imaxe
A construción desta rúa no novo ensanche da vila levou consigo tamén a edificación de novos edificios adaptados aos momentos de finais do XIX. Vivendas de nova factura que adoptaban os emerxentes estilos arquitectónicos da época: o eclecticismo, o modernismo, o rexionalismo...  Algúns deles xa desapareceron, outros sufriron transformacións ao longo dos anos e algúns conservaron o seu xenuíno sabor histórico ata a actualidade. Ao longo deste paseo pararémonos a contemplar algúns destes exemplos de cada un dos estilos mencionados. Como exemplo, dous edificios á altura dos números 19 e 21 da rúa. Nestes dous edificios, aínda quedan exemplos que conservan algúns trazos das construcións que decoraban as dúas fachadas con elementos que lles outorgaban unha beleza que os fai destacar sobre as demais edificacións do seu arredor.  O edificio que fai esquina ten catro balcóns con cadansúa porta, nas que a pedra que as arrodea está traballada e rematada cun lintel en arco rebaixado escar...

Casa dos Torrado

Imaxe
O traballo de cantaría que se pode observar en toda a vivenda é dun alto refinamento. O realce que se consegue desde a base ata a parte máis alta do edificio léanos a fixarnos en detalles coma os arcos rebaixados escarzanos das portas e das ventás da planta baixa, ata o remate nos espléndidos balcóns corridos que arrodean as súas fachadas nos pisos superiores, xunto coa galería que coroa a planta máis alta. Un pouco máis adiante pasaremos por diante das casas nas que viviron os redondeláns ilustres Alejandro Otero e Casto Sampedro, que identificaremos polas placas identificativas que teñen en cadansúa fachada, e ambas conservadas para a súa restauración.

Rúa de Reveriano Soutullo

Imaxe
  A rúa leva o nome dun dos músicos máis célebres que deu Galicia para o mundo: Reveriano Soutullo (1880-1932) Naceu circunstancialmente en Ponteareas, pero pasou os seus anos novos de vida en Redondela, onde tiña ademais a súa familia. A súa vocación e sabenza temperá para a música demóstraa por dirixir o coro da catedral de Tui con só dezaseis anos. A partir da súa formación, a súa vida foi un continuo crecemento súa arte musical e nos recoñecementos dos que foi merecedor ao longo da súa vida. Destacou principalmente na composición de zarzuelas, entre as que inmortalizou a sempre repetida "Leyenda del beso". Entramos nesta rúa pola antiga porta do Ribeiro (cando a vila estaba amurallada) e era unha das arterias interiores do burgo amurallado. Durante aquela época histórica, había unha porta en cada extremo da rúa: unha delas daba á antiga praza do Estaleiro (hoxe praza da Constitución). A outra porta daba á actual praza de Alejandro Otero, a través da vella porta do Ribeiro...

Tallista José Fernández "Sesé"

Imaxe
No eido da súa casa en Vilavella podemos contemplar unha parte da súa obra en exposición ao aire libre. Destacan dúas das súas figuras máis repetidas e representativas: O Xan Carallás. Unha figura ficticia representativa da iconografía de personaxes populares de Redondela na actualidade. Como escultura naceu a partir dun debuxo realizado por Castelao sobre o ano 1930 por petición dun grupo de amigos de Redondela que formaban unha peña. A inscrición que levan as figuras de Xan Carallás, en cambio, é do ano 1900, tal como apareceu na publicación Vida Social de Vigo: Aquí fas quen sempre fas. Aquí fas quen sempre vela. Aquí fas, Xan Carallás. Fundador de Redondela. E a emblemática Coca, da que xa falamos cando nos referimos á celebración do Corpus en Redondela . Xunto a estas dúas figuras emblemáticas tamén podemos ver dúas grandes rodas de carro, unha gaita e, xa como obra de cantería en pedra, un cruceiro tradicional galego. A continuación reproducimos a recensión biográfica do estudoso...

Cruceiro e peto de ánimas de Vilavella

Imaxe
Toda esta praza de Ponteareas formou no seu tempo un fermoso conxunto no que ao noso arredor aínda quedan testemuños deste emblemático lugar da Vilavella: este cruceiro co seu peto de ánimas, a fonte de auga, o convento e a igrexa antiga que o acompaña. Moi preto da praza aínda se pode albiscar a ponte sobre o río Maceiras, afluente do río Alvedosa, que posúe  a ambos os lados cadanseu leguario conmemorativo no que se poden ler algunhas palabras gravadas. Unha das particularidades especiais deste cruceiro é a de posuír ao seu carón un peto de ánimas. Aquí na vila só existe outro cruceiro con peto de ánimas semellante a este: o cruceiro dos Pasais . Ata os anos setenta do século pasado, este cruceiro estivo no outro lado da rúa, en fronte da localización actual, tal como pode observarse en fotos antigas. Descrición do cruceiro A altura total deste cruceiro de de 4,85 m e consta dos seguintes elementos: Plataforma do cruceiro Plataforma : Está formada por dous chanzos; o inferio...