A Xunqueira

Nesta imaxe pódese apreciar como era na antigüidade todos este espazo que temos ante nós. As lavandeiras acudían a este lugar para lavaren directamente no río Alvedosa.

Na actualidade o río vai canalizado e transformado nun paseo con balaústre de pedra ao longo do seu percorrido.

No espazo que ocupaba a antiga xunqueira, hoxe en día podemos ver o edificio dos xulgados na zona esquerda, ao seu carón unha pista deportiva e un parque infantil cunha cafataría ao seu carón.

Tamén temos o gran edificio multiúsos, un centro social e un gran paseo cuberto por unha pérgola con flores recendentes e zonas axardinadas. 

O edificio multiúsos fora desde a súa construción en 1970 o instituto de bacharelato de Redondela. En 1988 este instituto pasou para o novo edificio construído na marisma, o actual IES Mendiño. Mais este vello instituto da Xunqueira foi reconvertido nun centro multiúsos.

No seu interior habilitouse un auditorio, a biblioteca municipal, unha sala de exposicións temporais e unha exposición permanente sobre a festa do Corpus na que se expoñen as figuras que desfilan polas rúas de Redondela durante as celebracións. 

(imaxe interactiva)

Publicacións populares deste blog

Paseo da Portela

Porta da Vila

Aparcadoiro e inicio