Viaduto de Ourense
VILA DOS VIADUTOS
Grazas ás dúas pontes ferroviarias que a atravesan, Redondela é coñecida como a “vila dos viadutos”, e son as dúas principais iconas que identifican a vila de Redondela.
É importante decatarse de que estas dúas pontes atravesan o val formado pola denominada depresión meridiana, que atravesa Galicia de Sur a Norte, e Redondela queda no fondo desa depresión e as pontes atravesan a depresión meridiana perpendicularmente dun lado ao outro.
CONSTRUCIÓN
Está realizada cunha armazón laminada de celosía metálica.
Estas pezas foron fabricadas en Francia.
O arquitecto Augusto Cazaux foi o encargado de dirixir a construción da obra, e o contratista director da obra foi o Sr. Odriozola. A obra foi realizada pola francesa Compagnie des Fives Lilles.
ABANDONO
Este novo trazado foi a orixe do peche da antiga estación de Redondela e a creación da nova estación que temos na actualidade, máis afastada da vila ca a anterior.
REHABILITACIÓN
O abandono da ponte levou á súa deterioración, mesmo con desprendementos dalgúns elementos nalgunha ocasión. Isto deu orixe a un proxecto de restauración, xa case completado, que pode chegar a transformarse nun lugar de paseo peonil e miradoiro sobre a vila.
PEDRO FLORIANI
![]() |
Pedro Floriani e a súa dona |
Existen varios episodios de infausto recordo sobre os subcontratistas que se arruinaron durante a construción desta liña férrea por non cobraren os seus traballos. O máis coñecido, e que chega ata a actualidade rodeado dun halo de traxedia, foi Pedro Floriani, de quen circulan varias versións sobre o seu infortunado destino final. Unhas fontes afirman que, tras a súa ruína, tivo que mendigar para sobrevivir, e outras fontes, afirman que chegou a guindarse dende a ponte que el mesmo contribuíra a construír.
ANÉCDOTAS
Na actualidade aínda non conta coa catalogación de ben e interese cultural (BIC).
FONTES DE INFORMACIÓN
(imaxe interactiva)