Muro de Berlín

A principios da década dos anos 90  do século pasado, Manuel A. Figueroa Suárez cedeulle ao Concello de Redondela dúas pezas do muro Berlín que se acaba de derrubar o ano anterior. Un acontecemento que cambiou a historia de Europa e a configurou tal e como a coñecemos na actualidade. 


Que Redondela conte cun testemuño daquel momento da nosa historia europea é un privilexio e un atractivo pra manter viva a memoria daquela gran transformación.

Pero daquela non se tivo a sensibilidade necesaria para poñelas en valor e optouse por colgalas literalmente dun piar do viaduto de Ourense. Alí permaneceron abandonadas ata que se decidiu recuperalas. Despois dos traballos de restauración realizados pos Xesús Cameselle Ben, colocáronse nunha vitrina nos xardíns da Xunqueira, diante do Multiúsos.

Fontes de información:

Publicacións populares deste blog

Paseo da Portela

Porta da Vila

Aparcadoiro e inicio